Viveiro incorpora un vehículo 4x4 con plataforma elevadora

Financiado con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta, o vehículo será utilizado polo departamento de Obras.

Viveiro incorpora un vehículo 4x4 con plataforma elevadora

Xunta de Galicia · 2026-11-18

O Concello de Viveiro incorporou ao seu parque móbil un vehículo 4x4 con plataforma elevadora articulada, financiado con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

O vehículo, que foi obxecto dunha visita técnica para levantar acta de comprobación na que tamén participaron o delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, e a alcaldesa do municipio, Mariña Gueimunde, foi financiado pola liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta.
Este novo medio será asignado ao departamento de Obras do Concello de Viveiro. A súa finalidade principal será actuar en materia de protección do medio ambiente e do espazo natural, así como na conservación de vías e servizos e na prevención de riscos.
O vehículo destaca pola súa idoneidade para acceder a lugares de difícil acceso, grazas ás súas características todoterreo. Ademais, conta cunha importante capacidade de carga e unha plataforma aérea que permite alcanzar os 16 metros de traballo en altura.
Información elaborada a partir da fonte oficial: Xunta de Galicia — Notas de prensa (portal central, cubre todas as consellerías) (18/11/2026)