O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, xunto coa alcaldesa, Dolores García, visitou a instalación deportiva para coñecer as obras xa realizadas. A achega da Xunta busca garantir que o espazo sexa accesible e funcional para todas as persoas usuarias.
Ademais desta actuación na piscina, o Goberno galego tamén financia outras dúas intervencións en Cervo. Unha delas é a reforma da iluminación pública na avenida da Mariña, que conta cunha achega de 27.700 euros do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) e atópase en proceso de licitación.
A terceira obra subvencionada é a rehabilitación dunha pista entre Pedrosa e Viladesuso, cun investimento autonómico de 22.600 euros. Nesta intervención, que xa está en marcha, renovaranse as redes de saneamento, abastecemento e o pavimento dun tramo da vía.
Alfonso Villares destacou a importancia da cooperación entre administracións para potenciar os servizos e infraestruturas na provincia de Lugo. Lembrou que o ano pasado a Xunta xa destinou máis de 6,1 millóns de euros a colaborar cos concellos lucenses na mellora de instalacións municipais.




