O suceso produciuse sobre as nove e vinte da mañá. A persoa afectada sufriu feridas, pero non quedou atrapada.
Dende o 112 Galicia mobilizouse aos servizos sanitarios de Urxencias Médicas do 061, que se desprazaron ao lugar para atender á vítima no punto do incidente.
A incidencia, alertada por un particular, tamén foi comunicada á Policía Local, Protección Civil e aos bombeiros de Viveiro.




