A convocatoria, publicada recentemente no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, establece un período de solicitude que comeza o 21 de setembro e rematará o vindeiro 9 de outubro. Esta iniciativa busca apoiar ás familias empadroadas no municipio que cumpran cos requisitos económicos e académicos esixidos.
Para acceder a estas subvencións, os solicitantes deben estar empadroados en Ourol cunha antigüidade mínima de tres meses e ter ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos. Ademais, a renda per cápita da unidade familiar non deberá superar os 10.000 euros anuais, agás nos casos de alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%.
A contía máxima que poderá percibir cada alumno é de 100 euros, dependendo da situación socioeconómica de cada familia. Unha vez concedida a axuda, os beneficiarios terán un prazo de 10 días para presentar as facturas xustificativas do gasto realizado.




