As bases para o nomeamento como funcionario interino dun auxiliar administrativo/-a foron publicadas no BOP de Lugo o pasado sábado, 31 de outubro de 2025. Este posto intégrase dentro do programa “Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2026”, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.
O prazo de solicitude para optar a esta praza de funcionario interino é de cinco días hábiles. Este período comezou o día seguinte á publicación das bases, polo tanto, está aberto desde hoxe, 2 de novembro, ata o día 6 de novembro de 2026.
Para obter máis información ou consultar as bases completas, os interesados poden contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo.




