A Queimada Popular volve a Cervo o día 22

A Praza do Souto acollerá a tradicional escenificación con lume, lenda e música, ademais de mercado e posta en escena única.

Imaxe dunha praza tradicional galega pola noite, con fogueira e iluminación dramática.
IA

Imaxe dunha praza tradicional galega pola noite, con fogueira e iluminación dramática.

A tradicional Queimada Popular de Cervo, declarada de Interese Turístico de Galicia, regresará á Praza do Souto o vindeiro 22 de xullo cunha programación que mestura tradición, cultura e espectáculo.

A xornada comezará ás dez da mañá cun mercado tradicional, que incluirá o pregón das autoridades e postos de comida para todos os públicos.
A partir das once da noite, terá lugar o espectáculo da Queimada coa baixada da comitiva á Praza do Souto. Alí desenvolverase unha escenificación única que combina lume, lenda e dramatización, sorprendendo cada edición. Tras o conjuro, repartirase queimada entre os asistentes.
A música porá o broche final á noite coas actuacións de A Banda do Elías, grupo homenaxe a Los Suaves, e a discoteca móbil Conxuro.

"A Queimada é moito máis ca unha festa, é unha manifestación da nosa identidade, das nosas raíces e do compromiso de manter vivas as tradicións que nos definen como pobo."

Dolores García Caramés · Alcaldesa
A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou na presentación que a celebración "cada ano reúne a milleiros de persoas e que continúa medrando grazas ao extraordinario traballo da asociación Airiños do Xunco", organizadora do evento coa colaboración do Concello. Tamén invitou a acudir á cita, asegurando que "é tradición, cultura, convivencia e unha oportunidade única para desfrutar do mellor ambiente nunha noite máxica que cada ano continúa facendo historia".