O evento, que contou con 100 bandas distribuídas en catro escenarios, rexistrou na xornada do xoves a maior afluencia de público da súa historia. A programación incluíu actuacións de referentes internacionais do rock e o metal, consolidando a cita como un referente europeo no sector.
Máis aló do ámbito musical, o festival reafirmou o seu papel como dinamizador socioeconómico. Segundo as estimacións, a edición de 2026 xerou máis de 1.500 empregos directos e 4.000 indirectos, cun impacto global que supera os 110 millóns de euros para Viveiro, a comarca da Mariña e a provincia de Lugo.
A organización destacou a colaboración institucional do Concello de Viveiro, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, así como o apoio de empresas e provedores locais. O festival pechouse sen incidencias reseñables, mentres o equipo promotor xa traballa na edición de 2027.




