O encontro deportivo destacou pola alta participación e o ambiente de compañeirismo entre os xogadores, que competiron en diversas categorías por idades. A xornada serviu para poñer en valor a estratexia e a concentración como eixes fundamentais desta disciplina.
Durante o evento, a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, participou na entrega de trofeos e medallas aos gañadores das distintas categorías, desde a sub-8 ata a sub-18.
Dende o consistorio destacaron a importancia de seguir promovendo iniciativas que fomenten a práctica deportiva e a participación cidadá no municipio, consolidando este torneo como unha cita de referencia para os afeccionados ao xadrez na comarca.




