A primeira vivenda, situada na rúa Bispo Fernández Castro, conta con 81,4 metros cadrados, tres dormitorios, garaxe e rocho. A segunda, localizada en Muíños de Abaixo, ten 81,7 metros cadrados e tamén dispón de tres dormitorios.
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, lembrou durante o acto de entrega que as persoas interesadas en optar a futuras adxudicacións deben estar inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia.
Ademais, o Goberno galego ten abertas varias convocatorias de axudas para facilitar o acceso á vivenda. O prazo para solicitar apoios para a compra ou autopromoción de vivendas por parte de persoas menores de 36 anos en concellos de ata 10.000 habitantes remata o 16 de novembro. O 30 de outubro pecha o programa de avais para a adquisición de vivenda e o 30 de novembro o do Bono de Alugueiro Social.




