O festival Arao aterriza en Foz o vindeiro venres, a partir das once da noite na explanada do muelle. Este evento musical organízase como complemento ás festas de San Lorenzo que se celebran na localidade dende o xoves ata o martes 11.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, destacou que o cartel inclúe a grupos galegos xa establecidos como Monolious Dop, xunto a propostas emerxentes como Tapa D'Orella e XMaseda. Tamén participarán artistas de proxección internacional como o arxentino Lauta, ademais dos DJ Litainer e Eventec.
“"O San Lourenzo inclúe moitas actividades na súa programación, e para complementalas volven os concertos."
Pola súa banda, o alcalde, Fran Cajoto, sinalou que o festival busca "que os máis novos tamén teñan o seu espazo" e subliñou que o cartel é "moi completo para que todos o poidamos desfrutar".




