Acia de Foz sortea unha obra de arte e 400 euros en vales por compras do Día da Nai

A campaña busca dinamizar o comercio local entre o 24 de abril e o 5 de maio, con sorteo o 8 de maio.

Imaxe xenérica dun agasallo envolto con bolsas de compra ao fondo.
IA

Imaxe xenérica dun agasallo envolto con bolsas de compra ao fondo.

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (Acia) de Foz lanzou unha campaña especial para o Día da Nai, que inclúe o sorteo dunha obra de arte e 400 euros en vales de compra para fomentar o comercio local.

Os clientes que realicen as súas compras nos establecementos de Foz entre o venres 24 de abril e o 5 de maio terán a oportunidade de participar neste sorteo. Os premios consisten nunha peza artística creada por unha artista local e catro vales de 100 euros cada un. O sorteo celebrarase o 8 de maio en Radio Foz.

"En Foz contamos cun comercio moi variado no que encontrar todo o que precisamos para agasallar e sorprender ás mamás o vindeiro 3 de maio. Ademais de regalar agardamos que a xente aproveite a ocasión para celebralo na hostelería local."

o presidente do colectivo
A iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia, Comercio Galego e o Concello de Foz. Na presentación da campaña, que tivo lugar este xoves, estiveron presentes representantes da asociación, así como o alcalde e a concelleira de Comercio da localidade.