Segundo informou o Concello de Burela, a sesión ordinaria do pleno municipal terá lugar este xoves, 26 de novembro, ás 20:00 horas no Salón de Plenos. Entre os puntos da orde do día figura a declaración institucional con motivo do Día Mundial da Infancia 2026, así como o desistimento do expediente de suplemento de crédito 12/2026.
Os demais puntos que se someterán á consideración do Pleno serán as modificacións de tres ordenanzas fiscais municipais. Trátase, en primeiro lugar, da Ordenanza Fiscal relativa á taxa pola prestación do servizo de sumidoiro; en segundo lugar, da Ordenanza Fiscal que regula a taxa pola distribución de auga, incluídos os dereitos de enganche, colocación e utilización de contadores; e, por último, da correspondente á taxa por documentos que expida ou que entenda a Administración ou as autoridades municipais a instancia de parte.




