O proxecto de Noemí Vázquez Nogueiras, que combina música, cultura, activismo e comunidade en Vilar de Santos, foi distinguido co Premio Pedra Alta 2026. A iniciativa, que xa cumpre máis dunha década, converteu A Arca da Noe nun referente da actividade cultural e social na comarca da Limia.
A novena edición deste galardón destaca o compromiso de Vázquez Nogueiras coa promoción da cultura e a creación de iniciativas que manteñen viva a actividade no rural.
A entrega do premio celebrarase o sábado 28 de novembro, ás 12:00 horas, no Salón Multiusos do Concello de Vilar de Santos. O galardón consiste nunha réplica en granito da Pedra Alta, obra do escultor Xosé Lois Carreira.
Tras o acto, haberá un xantar de confraternidade no Restaurante Novaiño, en Sandiás, con inscrición previa e custo a cargo dos asistentes.




