A Garda Civil de Xinzo de Limia investiga unha muller de 48 anos como presunta autora dun delito de roubo con forza nun domicilio da parroquia de Zadagós, no municipio de Sandiás. Segundo as pescudas, a muller accedeu á vivenda da súa exparella tras forzar unha fiestra.
Unha vez no interior, a sospeitosa apoderouse dun botín composto por unha videoconsola, un televisor, diversa documentación, roupa e 750 euros en efectivo.




