As claves para conseguilo son sinxelas: elixir a ruta adecuada, planificar as etapas e ter ben controlada a loxística con antelación.
Con isto conseguido é máis fácil gozar do Camiño con comodidade e sen perder a súa esencia.
O Camiño de Santiago sempre foi sinónimo de esforzo, superación e encuentro persoal. Pero a forma de percorrilo cambiou nos últimos anos.
Cada vez son máis os peregrinos que queren vivir a experiencia con calma, gozar da paisaxe e chegar ao final de cada etapa con forzas. Isto é o que permite seguir descubrindo todo o que ofrece a ruta nos momentos de descanso.
A comodidade xa non é un luxo reservado aos ricos. É unha forma de aproveitar ao máximo a viaxe.
Dormir ben, camiñar sen peso e esquecerse da organización permite centrarse no realmente importante: gozar do Camiño.
Por iso cada vez máis viaxeiros optan por unCamiño de Santiago organizado.
Con toda a planificación resolta antes incluso de empezar a camiñar.
1. Elixir unha ruta adaptada ao teu tempo
Non todas as persoas dispoñen de dúas ou tres semanas para facer o
Camiño. O primeiro é decidir cantos días podes dedicarlle e, a partir de aí,
elixir a ruta.
O Camiño de Santiago dende Sarria segue sendo unha das opcións
favoritas porque permite conseguir a Compostela en menos dunha semana.
Se prefires unha ruta diferente, o Camiño de Santiago dende Tui ofrece un
percorrido moi agradable que cada vez conta con máis seguidores.
2. Camiña lixeiro
Para facer o Camiño, sobre todo se é a primeira vez, o mellor consello é
que non cargues máis peso do necesario, senón sobrepasar nunca o 10% do teu
peso corporal.
O transporte de equipaxe entre etapas facilita este aspecto. Xa que permite
camiñar con moita máis comodidade. Evítanse así as posibles molestias
despois de días camiñando.
3. Dormir ben tamén forma parte do Camiño
Despois de camiñar durante horas, o corpo necesita descansar.
E é máis fácil conseguilo en aloxamentos con baño privado, hoteis ou
pequenas casas rurais. Descansa ben antes da seguinte etapa é
fundamental e permite aproveitar ao máximo o Camiño.
4. Reserva canto antes
A dispoñibilidade non é a mesma en febreiro que en agosto, iso todo o mundo
o sabe. Por iso hai que planificar con antelación sobre todo nas épocas de
primavera, verán ou nunha ponte.
O mellor é reservar con suficiente antelación e comprobar que os
aloxamentos están abertos (sobre todo en tempada baixa).
5. Non converta cada etapa nunha carreira
En aloxamentos públicos e albergues conseguir praza ás veces consiste en
levantarse o primeiro e camiñar máis rápido que ninguén.
Moitas veces merece a pena camiñar uns quilómetros menos, con máis
calma e dedicar tempo a entrar nunha igrexa, sentarse nunha terraza, falar
con outros peregrinos ou simplemente contemplar a paisaxe.
6. Deixa a organización en mans de especialistas
Buscar aloxamentos, coordinar o transporte de equipaxe ou resolver calquera
incidencia leva tempo.
Contar cunha axencia especializada evita preocupacións e permite
dedicar toda a enerxía a gozar do percorrido.
7. Elixe ben a época do ano
A primavera e o comezo do outono ofrecen temperaturas moi agradables
e unha afluencia de peregrinos máis equilibrada.
O verán segue sendo a época máis solicitada, pero tamén a que
require unha planificación máis anticipada.
8. Leva só o imprescindible
Un bo calzado xa utilizado, roupa cómoda e unha pequena mochila co
necesario adoitan ser suficientes.
9. Adapta o percorrido ao teu ritmo
Hai quen goza facendo etapas longas e quen prefire percorrer menos
quilómetros para coñecer mellor cada localidade. O importante é organizar o
Camiño segundo as túas posibilidades e non compararte con outros peregrinos.
10. O verdadeiro luxo está en gozar
O concepto de Camiño Premium non ten que ver con hoteis de cinco
estrelas.
Ten que ver con camiñar sen présas, durmir ben, levantarse descansado e
saber que todo está organizado para que só teñas que preocuparche dunha
cousa: seguir camiñando.
Cada vez máis peregrinos descobren que esa tranquilidade forma parte da
experiencia e que, precisamente por iso, gozan moito máis do Camiño.
Sobre Camino de Santiago20
Camino de Santiago20
Lugar a rua 11
15637 Vilarmaior, A Coruña
+34 605 46 34 63




