Esta actuación enmárcase na política urbanística municipal, centrada na protección da paisaxe, a integración das construcións na contorna e a defensa dun modelo urbano ordenado.
O Concello de Oleiros continúa co seu labor para evitar que edificacións inacabadas ou en situación de abandono deterioren o territorio e a imaxe das parroquias.
Tras abrir o expediente para caducar a licenza, procederase a ordenar á propiedade a demolición do inmoble. De non executarse nos prazos establecidos, o Concello levará a cabo a demolición directamente, repercutindo todos os custos económicos á propiedade.




