A colaboración municipal coas entidades vai máis alá das achegas económicas. O Concello de Oleiros pon gratuitamente á súa disposición espazos públicos, instalacións e locais municipais para o desenvolvemento da súa actividade. Ademais, presta axuda a través de recursos humanos, medios materiais e apoio loxístico para a organización das súas iniciativas.
As subvencións concedidas permiten ás entidades sufragar distintos gastos relacionados coas actividades que organizan, como cursos, obradoiros, celebracións tradicionais, festas parroquiais, excursións e intercambios de carácter artístico, eventos e festivais culturais, e charlas.
As axudas repartidas ascenden a un total de 52.000 euros, distribuídas entre diversas asociacións veciñais e culturais da localidade. Entre as beneficiarias atópanse A.V.V. A Ría, A.V.V. O Hórreo de Iñás, A.V.V. Os Rueiros, A.V.V. San Antón, A.V.V. Santaia, A.V.V. San Cosme, Centro Cultural e Instrutivo, S.C.R. Amigos de Lorbé, Agrupación Artística Semente Nova, Agrupación Cultural A Marola, Agrupación Folclórica Folliñas, A.C. Coral Lembranzas Santa Cruz, A.C. O Amanexo, Coral Airiños de Nos, Coral Polifónica de Mera, Asoc. Ocio Inclusivo Oleiros, Coro de Oleiros, Comisión de Festas do Mar de Mera e Asociación Cultural Cofradía de Santa Ana de Mera.
O Concello quere agradecer publicamente a todas as persoas que dedican o seu tempo e esforzo a traballar nas distintas entidades. O seu compromiso permite contribuír á construción dun modelo de convivencia único.




