Zara lanza camiseta de homenaxe á selección española para o Mundial

A multinacional téxtil coruñesa Inditex súmase á celebración do campionato coa creación dunha prenda infantil.

Camiseta infantil de Zara con lema do Mundial de Fútbol.
IA

Camiseta infantil de Zara con lema do Mundial de Fútbol.

Tras as celebracións do ascenso do Deportivo, a multinacional téxtil coruñesa Inditex, a través da súa marca Zara, lanzou unha camiseta conmemorativa do Mundial de Fútbol.

Unha vez rematadas as celebracións polo ascenso do Deportivo á Primeira División, os afeccionados ao fútbol na Coruña quedaban sen parte da súa emoción diaria. Por sorte para eles, a volta da esquina está o Mundial de Fútbol dos Estados Unidos, México e Canadá, que se iniciará o próximo 11 de xuño e ao que a selección española acode coa intención de sumar a súa segunda estrela á súa camisola.
E falando de camisolas, a que decidiu homenaxear á Roja cunha é a multinacional téxtil coruñesa Inditex. Zara sacou á venda unha camisola estampada co lema "España. Copa Mundial da FIFA" coa que apoiar tamén á selección. Na parte traseira tamén leva a frase "soccer meets fútbol".
A peza está á venda por 12,95 euros e é de pescozo redondo e manga curta, elaborada en algodón 100%. Iso si, trátase dunha camisola destinada aos máis pequenos, xa que só hai de tallas de 6-7 anos a 13-14 anos, ou o que é o mesmo, para nenos de entre 122 centímetros e 164 de altura.