A novela, publicada por Espasa, aborda temas como a sensación de ser "o novo" en diferentes etapas da vida, a autoesixencia e a presión no ámbito laboral. A autora, que visitou a cidade herculina para o evento, explicou que a idea da obra xurdiu de anos de anotacións e diarios persoais.
“"Sempre tivera o anhelo, o soño, de escribir unha historia. No momento no que construín a Antía Montes, a protagonista, apoderouse de min e xa non puiden deixar de pensar nela e na historia, a partir de aí deixeime levar."
Aínda que a trama é de ficción, a escritora recoñece que algunhas experiencias da súa vida real se reflicten na protagonista. Ambas comparten a profesión de xornalistas e a paixón polo seu traballo, o que permite explorar de preto o "síndrome do impostor" que moitas persoas experimentan.
A visión do mundo corporativo global tamén está presente na novela, mostrando tanto as vantaxes como os desafíos de traballar en grandes empresas, onde a posibilidade de promoción e a creación de redes profesionais conviven coa alta esixencia de obxectivos. A protagonista da novela, Antía Montes, ten raíces ferrolás, un detalle que a autora vincula coa súa propia vida, xa que, a pesar de nacer en León, toda a súa familia é galega e pasou os veráns da súa infancia entre A Coruña e Monforte de Lemos.
“"Iso márcate á hora de contar unha historia como esta, onde creo que se deixa entrever o humor, a mirada aceda, pero creo que hai moito de retranca galega, hai moitos guiños a Galicia."
As primeiras reaccións dos lectores están a ser positivas, describindo o camiño da novela como "doce e feliz". A autora expresou o seu desexo de ver a súa obra adaptada á gran pantalla no futuro.