A praga, que se estende principalmente pola provincia da A Coruña, afecta a zonas como Bergantiños, Xallas, Ordes, A Barcala, Terras de Soneira e Deza. Segundo a organización, a expansión deste insecto comezou nos anos 90 e avanza sen control desde a costa cara ao interior.
Os produtores amosan a súa preocupación ante a dificultade de combater este insecto. Os tratamentos de contacto actuais resultan pouco eficaces, xa que non eliminan os ovos depositados nas plantas, o que provoca novos ataques de forma recorrente.
Ante esta situación, o sector reclama á Xunta de Galicia que habilite mecanismos de apoio para compensar o incremento nos custos de produción. Ademais, solicitan que os danos causados por esta praga sexan incluídos nas coberturas dos seguros agrarios para garantir a viabilidade das granxas.




