A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, iniciou un procedemento sancionador contra un bar situado en Arteixo. A inspección realizada no establecemento, situado na zona de Chamín, levantou acta de infracción por unha suposta "vulneración de prohibición non dereito de acceso".
O resultado desta visita inspectora deu lugar á apertura dun expediente sancionador. A sanción podería ascender a unha multa de entre 901 e 9.000 euros, segundo a gravidade da infracción turística cometida.
A Xunta informou de que se actuou de maneira similar noutro caso similar ocorrido nun negocio de Mera, onde tamén se levantou acta de infracción e se incoou un expediente sancionador grave que rematou coa imposición dunha multa de 9.000 euros.




