Esta actuación enmárcase dentro do ciclo Son&Mar, que busca "celebrar a música galega de hoxe", segundo os seus organizadores. Tras congregar a miles de seguidores na súa recente presentación na praza de María Pita durante as festas de agosto, o grupo de Muros volverá á comarca coruñesa no outono.
Aínda que o cartel de Treboa Sonora só confirmou por agora a presenza de The Rapants, espérase que se complete con máis artistas e bandas nas vindeiras datas. As entradas para o evento, que se celebrará o 3 de outubro, aínda non se puxeron á venda.
O ciclo Son&Mar, que chega á súa segunda edición, inclúe doce actividades e concertos que terán lugar entre o 18 de setembro e o 11 de outubro. Todos eles se desenvolverán no porto da cidade, enmarcando a programación dentro das actividades do Xacobeo.




