Os atascos rexistráronse na terceira rolda, na estrada cara aos Baños de Arteixo e na avenida de Salgado Torres. A situación foi especialmente complicada na estrada dos Baños de Arteixo, onde as retencións se estenderon practicamente por todo o seu percorrido, dende o complexo comercial ata a rotonda de Eduardo Diz, preto do cuartel de bombeiros.
A conxunción dunha xornada chuviosa coa véspera do Día da Nai animou a moitas persoas a desprazarse ata o recinto comercial en busca de agasallos de última hora, o que contribuíu significativamente ao colapso viario.




