Dende esta mañá xa se atopan habilitadas as dúas ramplas que permanecían pechadas cara á rúa Marqués Figueroa e a ronda das Estacións. A súa reapertura completa mellora a conexión peonil entre dous barrios da cidade, antes divididos pola avenida principal.
Aínda que a pasarela xa está operativa, os operarios continuaban traballando nos arredores da infraestrutura durante a xornada.




