A primeira Cita Mundial de Estudantes Eco-Campus / Green-Campus celebrarase en liña durante a Semana da Acción Climática, o mércores 14 de outubro, de 14:00 a 15:30h. O estudantado de toda a rede global reuniranse para compartir ideas, amosar iniciativas e conectar con líderes en sustentabilidade no ámbito da educación superior.
O cumio está organizado por Green-Campus Irlanda, en colaboración coa Fundación para a Educación Ambiental (FEE) e FEE Eslovenia.
As persoas interesadas en asistir ao Cumio poden rexistrarse a través da seguinte ligazón: [https://us06web.zoom.us/meeting/register/PPwS44InRuSy1VVEAsNUHw#/registration](https://us06web.zoom.us/meeting/register/PPwS44InRuSy1VVEAsNUHw#/registration).
A organización tamén anima ao estudantado a ser presentador/a no evento. Para iso, poden contactar directamente coa organización no correo electrónico greencampus@antaisce.org ou a través da Oficina de Sustentabilidade da UDC.
Para máis información sobre o programa Green-Campus (Eco-Campus) na UDC, pódese visitar a páxina web xeral ou contactar co Comité Ambiental da Facultade ou Escola correspondente.
A Oficina de Sustentabilidade da UDC está dispoñible no correo oficina.sustentabilidade@udc.gal ou no teléfono 981 167 000 (extensión 5626).




