O Concello de Oleiros sancionará ao dono dun can que matou a outro cando estaba solto no parque das Trece Rosas, situado entre os núcleos de Santa Cruz e Bastiagueiro. O incidente tivo lugar na tarde do mércores, día 2.
O alcalde, Ángel García Seoane, cualificou o suceso de "moi grave" e sinalou que o propietario do can agresor "chuleábase e alardeaba do que fixera o seu animal" mentres o dono do can falecido estaba "moi disgustado".
Seoane asegurou que "actuacións como esta non as imos a permitir" e que a persoa será sancionada, a pesar de que lle comunicaron que "non lle dou moita importancia" e que dixo 'Non me importa. Págao e punto'. O rexedor engadiu que están dispostos a "ir aos tribunais" se o diñeiro non é suficiente, e lembrou que o infractor xa fora amonestado verbalmente en varias ocasións por levar o can sen correa.
O mandatario local recordou a obrigatoriedade de levar os cans atados na vía pública, especialmente en parques, onde hai persoas que poden non desexar o achegamento destas mascotas. Tamén mencionou denuncias de "actuacións incívicas" noutros lugares como Mera, poñendo o exemplo dun can que se lle puxo no peito a un paseante e "non lle mordeu de casualidade".




