O Concello de Oleiros urxe á Xunta de Galicia a que dea comezo ás obras de reforma do comedor do CEIP Isidro Parga Pondal, situado en Santa Cruz. A administración local lamenta que os traballos, comprometidos inicialmente para o pasado verán e xa atrasados dende 2025, aínda non se iniciaron.
Dende o executivo oleirense sinalan que o espazo atópase nun estado "totalmente impresentable", con "paredes totalmente desfeitas, humidades, filtracións de auga". O Concello asegura que "non cesará nas súas demandas" ata que a Xunta acometa a renovación necesaria para o lugar onde comen os nenos e nenas do centro.
“"Non imos permitir que os nenos e nenas do colexio de Santa Cruz teñan que comer nese espazo"
O alcalde, Ángel García Seoane, manifestou a súa vontade de que as tarefas se realicen antes da volta ao colexio. O Concello tamén recorda que a Xunta está a executar actualmente obras menores no CEIP de Santa Cruz, como a renovación da cuberta e do pavimento no pavillón Arsenio Iglesias, e reitera a necesidade de actuar con urxencia no comedor.




