A decisión do Tribunal Supremo xorde tras un recurso presentado por unha importante empresa enerxética, que busca a devolución de 19,2 millóns de euros abonados entre 2016 e 2019 por este gravame. A empresa argumenta que o imposto autonómico podería vulnerar a lexislación estatal e a Constitución, especialmente en cuencas hidrográficas que se estenden por varias comunidades autónomas, como a do Miño-Sil.
O imposto, aprobado en decembro de 2008, foi deseñado para financiar actuacións de prevención e conservación dos recursos naturais. Afecta a 45 saltos con máis de 15 metros de altura e exclúe presas destinadas a abastecemento, actividades agrarias ou acuicultura, centrándose na práctica na xeración de enerxía.
“"A cuestión que suscita este recurso de casación pasa necesariamente por determinar se unha comunidade autónoma ten competencia para gravar mediante un imposto a afección medioambiental xerada polo uso ou aproveitamento de recursos hídricos cando se encontren nunha cuenca intracomunitaria."
A Xunta Superior de Facenda desestimara en xaneiro de 2024 a petición de devolución da empresa, que posteriormente recorreu ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e, finalmente, ao Supremo. Este último deberá interpretar se a taxa, de competencia rexional, pode aplicarse a hidroeléctricas situadas en cuencas que transcenden as fronteiras autonómicas.
Segundo datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), o imposto xerou 11,8 millóns de euros para as arcas autonómicas en 2025, o que supón un descenso do 8,9% respecto ao ano anterior. O seu pico de recadación rexistrouse en 2022, superando os 14 millóns de euros.




