O Concello de Oleiros convocou un pleno ordinario para o vindeiro mércores 20 de maio ás 12:30 horas, apenas media hora despois da sesión extraordinaria solicitada pola oposición. O PSOE local denuncia que o alcalde Ángel García Seoane "pretende escabullirse de confrontar a realidade coa súa propaganda".
Os socialistas sinalan que, cunha marxe de só 30 minutos, o rexedor busca "eludir o debate" e "despachar" en sete minutos as intervencións dos grupos para cada asunto, o que suporía que cada partido tería menos de dous minutos para intervir.
O PSOE local solicitara ao Executivo de García Seoane que aclarase o custo dos concelleiros de Alternativa dos Veciños, así como os asesores, dietas por asistencia a órganos e unha comparativa desglosada do gasto total do equipo de Goberno en contraste co que cobran os oito edís da oposición.




