O festival presentou o seu cartel, que inclúe a artistas como Kangding Ray, Surgeon, DJ SWISHERMAN, Slit Observers, Russ, Reeko, Objekt, Weisheit, Steve Bug, Breixo Martínez e Roi. A organización destaca que a programación combina referentes internacionais con talentos nacionais e locais, cunha aposta pola calidade e a coherencia.
O Concello sinala que o FEC nace co obxectivo de dar á música electrónica o recoñecemento cultural que merece e integrala na programación pública da cidade. A elección do auditorio do parque de Santa Margarida é parte fundamental desta filosofía.
O venres 14 de agosto actuarán DJ Swisherman, Kangding Ray, Roi, Russ, Slit Observers e Surgeon. O sábado 15 de agosto será a quenda de Breixo Martínez, Objekt, Reeko, Steve Bug e Weisheit.
As entradas para cada xornada teñen un prezo de 36,50 euros, mentres que o abono completo custa 46,50 euros, con gastos de xestión incluídos. Poden adquirirse a través da páxina web do festival.




