Esta iniciativa, anunciada na páxina web da entidade, busca establecer un espazo oficial, estable e participativo para o encontro entre o club e os seus seguidores. O foro contará con representación do Deportivo, do Concello da Coruña, das peñas e de abonados de todas as bancadas.
As reunións celebraranse no estadio de Riazor cada tres meses, aínda que se contempla a posibilidade de adiantar as cumes en caso de circunstancias excepcionais. O propósito principal é fomentar o diálogo, a escoita activa e a colaboración entre o club e a afección.
“"O foro nace coa vocación de fomentar o diálogo, a escoita activa e a colaboración entre o club e a afección, abordando de forma conxunta distintos asuntos de actualidade relacionados coa vida institucional, deportiva e social do Deportivo."
Entre os obxectivos específicos atópanse canalizar de forma estruturada as ideas e suxestións dos afeccionados, reforzar o vínculo emocional coa masa social e construír iniciativas estratéxicas de maneira conxunta. Isto inclúe a participación activa da afección na celebración do 120 aniversario e noutros proxectos que reforcen a identidade e o sentido de pertenza deportivista.




