As festas darán comezo o mércores coa actuación do coro Cántigas da Terra ás 20:00 horas, seguida do pregón a cargo de Francisco Jorquera, veciño do barrio e exportavoz do BNG, ás 21:00 horas. A noite musical continuará cun concerto de Clandestinos unha hora despois.
O xoves estará marcado polas actividades infantís pola mañá, con inchables e festa da escuma (10:30 e 13:00 horas). Pola tarde, a charanga Santa Compaña animará as rúas antes do XVII Concurso de Tortillas (18:30 horas). O prato forte da xornada será o Festival Rock & Roll Stars na praza Pablo Iglesias (22:00 horas), coas actuacións de Javier Andreu (de La Frontera), Javier Ojeda (de Danza Invisible) e Manuel España (de La Guardia).
O venres, último día das festas, haberá un taller de marcapáxinas (11:00 horas), intercambio de libros (11:30 horas) e o espectáculo A Estrada a cargo da clown Natalia Outeiro "Pajarito" (12:00 horas). Pola tarde, realizaranse xogos e deportes tradicionais (18:30 horas) coa colaboración do Museo Etnolúdico de Galicia. A verbena de clausura correrá a cargo da orquestra Miramar.




