A actuación na estrada entre Miodelo e San Fiz, que tamén incluíu o acondicionamento das marxes, supuxo un investimento de case 470.000 euros. Estes traballos foron cofinanciados a través do Plan Único da Deputación Provincial.
As obras céntranse en mellorar a accesibilidade e a seguridade para os peóns nestas vías, facilitando o tránsito entre os diferentes núcleos de poboación da parroquia de Vixoi.




