Unha balea morre na praia de Sabón tras un operativo de rescate

O cetáceo, de ata 12 metros, presentaba un estado de delgadez extrema que os expertos vinculan cunha posible enfermidade.

Imaxe dunha balea varada nun areal galego nun día nubrado.
IA

Imaxe dunha balea varada nun areal galego nun día nubrado.

Unha balea común de entre 10 e 12 metros de lonxitude faleceu este luns na praia de Sabón, en Arteixo, tras fracasar as manobras para reintroducila no océano.

O animal foi localizado arredor das 8.40 horas tras un aviso ao 112 Galicia. O operativo de rescate, que se prolongou durante varias horas, contou coa participación de Protección Civil de Arteixo, Policía Local, Gardia Civil, Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia e técnicos da CEMMA.
As condicións meteorolóxicas, con ondada superior ao metro de altura, dificultaron as tarefas. A pesar de lograr remolcar ao cetáceo mar adentro coa axuda da embarcación Salvamar Betelgeuse e a colaboración de voluntarios, o animal afundiuse durante o traslado e confirmouse o seu falecemento.
Os especialistas da CEMMA descartaron que o varamento fose provocado por un ataque de orcas, a pesar das marcas visibles no corpo do animal. Segundo os técnicos, o cetáceo sufría unha delgadez extrema, o que suxire que padecía unha enfermidade previa que o debilitou ata impedir a súa supervivencia.