O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá as instalacións do centro de día de inclusión social da ONG Mestura, un recurso destacado na atención á poboación migrante en Galicia.
A adquisición do inmoble, que permite á entidade consolidar os seus servizos, foi financiada pola Xunta cunha achega de preto de 150.000 euros, grazas á orde de subvencións a entidades do 0,7% do IRPF.
Esta colaboración do Goberno autonómico busca garantir unha atención máis estable, accesible e continuada ás persoas usuarias, mellorando a coordinación dos programas da ONG.
O Executivo galego tamén colabora con esta entidade de inclusión social mediante a financiación de programas de formación adaptada, servizo de asesoramento xurídico, itinerarios de inclusión sociolaboral e mediación social e intercultural, cunha achega total este ano de preto de 530.000 euros.




