O aviso recibiuse sobre a 1:50 horas, ante a posibilidade inicial de que houbese algunha persoa ocupando o inmoble. Os bombeiros de Oleiros desprazáronse rapidamente ao lugar e lograron extinguir as chamas.
Tras dar por extinguido o lume, os efectivos realizaron unha inspección e un rastrexo completo da vivenda para descartar a presenza de persoas, confirmando que non había ninguén no interior. Posteriormente, iniciáronse labores de ventilación coa colaboración do parque comarcal de Arteixo.
No operativo tamén participaron efectivos da Policía Local, Garda Civil e Garda Civil de Tráfico, que colaboraron para asegurar a zona e facilitar as tarefas de extinción e inspección.




