O grupo The Black Heritage Choir presentará o seu show ‘The soul gospel’ o vindeiro 16 de decembro no Teatro Afundación de Vigo e ao día seguinte, o 17 de decembro, no Palacio da Ópera. Ambos os concertos terán lugar ás 20:30 horas.
As entradas para estes eventos estarán dispoñibles para a súa compra a partir deste mércores, 29 de novembro, ás 11:00 horas. Poderanse adquirir tanto na taquilla da praza de Ourense como a través da plataforma de venda online Ataquilla.com. Os prezos oscilarán entre os 25 e os 35 euros.
The Black Heritage Choir está composto por unha selección de talentosos cantantes procedentes do recoñecido Mississippi Mass Choir. O espectáculo é dirixido por Jerry Calvin.




