Formación de Ioga Tibetano e Meditación en Tibet Yoga Studio

O 26 de setembro dará comezo a XV Edición da formación de Ioga Tibetano e Meditación do liñaxe Jamyang Yoga en Tibet Yoga Studio

Formación de Ioga Tibetano e Meditación en Tibet Yoga Studio

Tibet Yoga Studio presenta a XV Promoción da Formación de Ioga Tibetano e Meditación, un programa de 200 horas e dez meses de duración. Unha formación dirixida tanto a quen desexan profundar na súa práctica como a quen queren prepararse para ensinar.

O próximo 26 de setembro comeza a XV Promoción da Formación de Instrutores de Ioga Tibetano e Meditación en Tibet Yoga Studio, unha proposta formativa que combina práctica, coñecemento da tradición e ferramentas para a ensinanza. O programa desenvólvese durante dez meses, de setembro de 2026 a xuño de 2027, e conta cunha carga lectiva de 200 horas.
A formación está dirixida a persoas que desexan profundar no ioga tibetano e a meditación, tanto dende unha perspectiva persoal como profesional. Non é necesario que o obxectivo sexa exclusivamente converterse en instrutor: tamén pode ser unha oportunidade para quen buscan coñecer en profundidade estas prácticas e establecer unha disciplina persoal de traballo corporal, respiratorio e meditativo.
O programa inclúe diferentes métodos e prácticas do ioga tibetano, entre eles Tsa Lung, Tummo, Kum Nye, Trulkhor e prácticas meditativas e de visualización. O percorrido formativo aborda o traballo sobre corpo, respiración, enerxía, concentración e mente dende unha perspectiva integral.
Ademais da aprendizaxe das diferentes prácticas, os alumnos adquiren recursos para estruturar e guiar sesións de ioga tibetano e meditación. A formación busca que cada participante poida experimentar primeiro as prácticas no seu propio proceso e, posteriormente, dispoñer de ferramentas para transmitilas de forma responsable e progresiva a outras persoas.
A formación ofrece diferentes modalidades para facilitar a participación de alumnos de distintos lugares: presencial, semipresencial e en liña.
A XV Promoción desenvolverase mediante un seminario mensual, de setembro a xuño, e culminará cun retiro final. A formación inclúe clases regulares e titorías grupais. Ao longo destes dez meses, os participantes poderán integrar os coñecementos adquiridos mediante a práctica continuada de ioga e meditación.
O programa está plantexado como un proceso progresivo no que teoría e práctica se complementan para favorecer unha comprensión máis profunda do ioga tibetano.
As persoas interesadas poden solicitar información sobre contidos, modalidades, sedes, horarios e proceso de inscrición a Tibet Yoga Studio.
Máis información: www.tibetyoga.es

609 233 964

Máis información

TIBET YOGA STUDIO