Baixo o lema Esta vai polo Dépor, a marca cervecera busca reforzar o seu vínculo histórico coa cidade e o deporte galego nun momento clave para o equipo. Esta edición especial estará dispoñible nas próximas semanas en establecementos hostaleiros da Coruña, coincidindo cos partidos decisivos da tempada 2025-2026.
A campaña pretende canalizar o sentimento colectivo que se vive nas rúas coruñesas cando o equipo afronta encontros importantes. Segundo a compañía, a cidade transfórmase e o ambiente social xira en torno ao obxectivo común, reforzando unha identidade que forma parte do ADN local.
Cando o equipo xógase algo trascendente, a cidade transfórmase e os bares, as prazas e o ambiente social giran en torno ao mesmo obxectivo común, reforzando unha identidade compartida que forma parte do ADN local.
Ademais, a botella de edición especial inclúe unha mecánica promocional. A través dun código QR, os consumidores poderán acceder a un sorteo para gañar abonos para a próxima tempada do club, estreitando a conexión entre a marca e a masa social deportivista. Estrella Galicia tamén entregará bandeiras nos locais próximos ao estadio de Riazor coa consumición desta edición especial, buscando xerar un ambiente festivo e de unidade.
Como xesto de apoio institucional, a cervecera cedeu ao Deportivo espazos publicitarios visibles na cidade, como a torre de control do aeroporto da Coruña e outras localizacións no recinto aeroportuario. Tamén se engalanaron diversas vías da cidade con bandeirolas para animar ao equipo no seu camiño cara ao ascenso, como parte dunha estratexia para amplificar a enerxía colectiva.
As activacions inclúen tamén intervencións no contorno urbano e en establecementos hostaleiros estratéxicos, co obxectivo de converter a Coruña nun escaparate do apoio ao equipo.




