O PP da Coruña urxe á alcaldesa, Inés Rey, a tomar medidas definitivas para que as praias da cidade sexan plenamente accesibles para persoas con discapacidade. Segundo o partido, existe un incumprimento reiterado da lei e dunha moción aprobada por todos os grupos no pleno de xullo de 2025, que buscaba asegurar que todas as persoas poidan gozar do litoral en igualdade de condicións.
A concelleira Rosalía López, quen padece unha discapacidade, sinalou que a situación actual na praia de Riazor é inaceptable. Criticou que a pasarela non chega ata a auga, os baños e duchas carecen de adaptación completa, e a rampla non dispón de chan antideslizante nin dunha barandilla adecuada. Ademais, lamentou a falta de zonas de sombra e de cadeiras anfíbias, xa que a única dispoñible o ano pasado estaba estragada.
“"Xa non só estamos a falar dun dereito básico e legal, senon tamén dun factor de cohesión social, inclusión e mellora da imaxe turística da Coruña."
López tamén recordou que os problemas de accesibilidade non se limitan ás praias, senón que se estenden a rúas, beirarrúas, aparcadoiros públicos, concertos para persoas con discapacidade auditiva e edificios sen ascensor, subliñando a necesidade de garantir o goce digno do contorno litoral para toda a cidadanía.




