O proxecto, que forma parte do Plan de Barrios 2025-2027, busca dar continuidade á transformación dos espazos públicos na zona, seguindo os criterios de actuacións previas en Pintor Laxeiro e Pintor Manuel Colmeiro.
A intervención ten como obxectivo renovar os espazos de paso, gañar seguridade viaria e mellorar a accesibilidade universal, especialmente para persoas con mobilidade ou visibilidade reducida, dado que Elviña é un dos barrios con maior poboación maior de 65 anos.
As melloras inclúen a renovación de pavimentos, ampliación de beirarrúas, diferenciación de espazos de estacionamento e a elevación dun paso peonil para calmar o tráfico. Tamén se engadiu novo arboredo para crear zonas de sombra e renovouse a iluminación.
Ademais, realizouse a separación da rede de pluviais e saneamento, que antes era unitaria, co fin de optimizar a recollida de augas na orixe e mellorar os servizos na zona.




