Durante a súa intervención, Mosqueira presentou os fundamentos e aplicacións do aprendizaxe automático cuántico, unha área emerxente que fusiona técnicas de machine learning coas capacidades da computación cuántica. O curso comezou cunha introdución ao aprendizaxe automático clásico, para despois mergullarse nos conceptos clave da computación cuántica como a superposición, a interferencia e o entrelazamento, e a súa aplicación no procesamento de información. Un punto central foi o enfoque clásico-cuántico, que emprega sistemas cuánticos para analizar datos clásicos.
Os asistentes exploraron os desafíos do procesamento cuántico de datos, incluíndo a codificación de información clásica en sistemas cuánticos e diversas técnicas para logralo. Tamén se puxo énfase nas aplicacións prácticas dos algoritmos cuánticos variacionais, que combinan circuítos parametrizados con optimizadores clásicos para minimizar funcións de custo, unha estratexia clave na era dos dispositivos cuánticos ruidosos (NISQ). Ademais, presentáronse as Redes Neuronais Cuánticas e modelos híbridos que utilizan circuítos cuánticos parametrizados.
Ademais da súa faceta docente, Mosqueira participou nunha mesa redonda centrada na forza de traballo, analizando os retos formativos para profesionais ante o desenvolvemento das tecnoloxías cuánticas. O CITIC da UDC recoñece a necesidade de formar especialistas interdisciplinares en computación cuántica, intelixencia artificial e aprendizaxe automático para consolidar este novo campo tecnolóxico.




