O xuíz de liña debutou na edición desta copa internacional no partido entre Brasil e Haití, un encontro da fase de grupos. Diego Sánchez Rojo é habitual nas competicións europeas e nos encontros entre seleccións nacionais.
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu hoxe en María Pita ao colexiado. Rey destacou o orgullo de ver a un coruñés "poñer ben alto o nome da nosa cidade en citas internacionais coma o Mundial 2026". Subliñou tamén o "traballo vital" dos equipos arbitrais para manter o xogo limpo e a deportividade, e considerou que figuras como a de Diego Sánchez Rojo poden servir de inspiración e transmitir valores a través do deporte.
Desde hai varios anos, Diego Sánchez Rojo é un colexiado habitual en competicións internacionais, tanto de clubs como de seleccións nacionais. En España, tamén arbitra en Primeira División, categoría á que chegou tras o seu bo desempeño en Segunda División.




