A xornada contou coa participación de 34 centros escolares e asociacións locais, que instalaron postos para amosar os seus traballos. Entre as propostas destacaron estudos sobre a saúde arterial, maquetas de proxectos náuticos para a ría e demostracións de cociña molecular, onde os máis novos experimentaron con texturas e sabores mediante procesos químicos.
Un dos proxectos máis salientables foi a proposta de ECOKayac na ría, desenvolvida por alumnos de primaria, que busca concienciar sobre a necesidade de fomentar os deportes náuticos na contorna. Pola súa banda, estudantes de bacharelato explicaron o funcionamento do sistema inmunitario mediante representacións visuais detalladas, mentres que outros grupos exploraron a robótica aplicada a futuras misións espaciais.
O colexio Plurilingüe Ría do Burgo, como anfitrión, destacou pola súa aposta pola biodiversión. A través de códigos QR, hoteis de insectos e unha enfermería de plantas, o alumnado compartiu os seus coñecementos nun evento que tamén foi retransmitido en directo a través de canles dixitais e radio escolar.




