A cita na cidade herculina será a única parada do artista en Galicia, dentro dun percorrido que tamén inclúe actuacións en Madrid, Valencia e Zaragoza. O espectáculo servirá para presentar en directo o seu novo álbum, De un siglo anterior, un traballo gravado en México que explora novas texturas sonoras e rítmicas.
O artista estará acompañado sobre o escenario por unha banda composta por dez músicos, entre os que se atopan figuras como Robert Castellanos, Ana Belén Estaje ou Ramón Gacías. O repertorio da xira revisitará temas da súa traxectoria cun enfoque renovado, poñendo o foco na sensibilidade e na vulnerabilidade da voz como eixos centrais da proposta artística.
“"Queríamos crear algo que só puidese existir a través da sensibilidade dos músicos e da vulnerabilidade da voz. Que a música e os seus intérpretes sexan os verdadeiros protagonistas."
As entradas para o concerto xa se atopan dispoñibles para o público xeral. Esta actuación marca o regreso do músico ao Coliseum, un escenario que non pisaba desde o ano 2012, cando presentou o disco Licenciado Cantinas. Anteriormente, tamén pasara polo recinto coruñés en 2008 coa xira Hellville de Tour.




