Esta actividade, enmarcada dentro do programa 'Feminino 2026', terá lugar mañá, 23 de abril de 2026, en horario de 17.00 a 20.00 horas. A encargada de impartir o obradoiro será Verónica Ramilo, quen guiará aos participantes nesta experiencia creativa.
O obradoiro 'Coser a Historia' concíbese como un espazo onde a arte, a palabra e a costura se entrelazan para bordar fotografías que representen momentos vitais. A dinámica convida aos asistentes a transformar as súas lembranzas en creacións artísticas colectivas. Para iso, cada participante deberá seleccionar unha imaxe dunha muller que lles resulte inspiradora, segundo informaron fontes municipais.
“"Durante a sesión, os asistentes intervirán as súas fotografías a través da costura manual, creando un espazo de encontro onde se compartirán historias e conversas sobre aquelas mulleres que deixaron pegada nas súas vidas."
O resultado final será a elaboración dunha peza única que se exporá xunto á máquina de coser de 'Fina a Costureira', engadindo un elemento de homenaxe e continuidade á iniciativa.




