Os estudantes empadroados no Concello de Bergondo poderán solicitar a partir deste xoves as subvencións para os seus desprazamentos educativos o próximo curso 2026-2027. A convocatoria está aberta a alumnos que cursen Educación Infantil, Bacharelato, Formación Profesional, ensinanzas de réxime especial, Educación Universitaria, programas internacionais oficiais e outros estudos oficiais homologados.
A convocatoria conta cun orzamento total de 15.000 euros. A contía da subvención variará en función da distancia percorrida. Os estudantes poderán recibir ata 40 euros se o desprazamento é de ata 170 quilómetros dentro de Galicia. Para desprazamentos a outras comunidades autónomas, a axuda poderá chegar aos 200 euros, mentres que para estudos noutro país a contía máxima ascende a 600 euros.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o próximo 9 de outubro.




