A competición da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude distinguiu os proxectos Xabarín, de Blanca Alejandra Cortijo, e Mentres outros dormen, de Antonio Blanco, ambos da Coruña, co primeiro e segundo premio, respectivamente. O terceiro galardón foi para Xabarín Lettering Club, de Sergio Domínguez, de Vigo.
Na final, celebrada hoxe na Cidade da Cultura, a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, puxo en valor o talento da mocidade galega, destacando que as súas propostas "sorprenden e marabillan". Remarcou tamén o papel do Xuventude Crea como "punto de entrada no sector cultural galego" para impulsar os proxectos de vida dos mozos.
O primeiro premio foi para Blanca Alejandra Cortijo (A Coruña) pola intervención Xabarín, que aborda a sobrepoboación destes animais. O segundo recoñeceu a Antonio Blanco (A Coruña) con Mentres outros dormen, unha viaxe onírica sobre o insomnio. O terceiro posto foi para Sergio Domínguez (Vigo) con Xabarin Lettering Club, que simboliza o clásico Xabarín Club e letras galegas.
A arte urbana é unha das 16 especialidades do Xuventude Crea, que na súa décimo sétima edición rexistrou preto de medio milleiro de inscritos. Dende a súa creación, o programa ten acollido a máis de 6.500 mozos, con máis de 4.000 obras e proxectos, e ten repartido 700 premios cunha dotación total superior a 1 millón de euros.




