A artista catalá Aitana iniciou a súa ambiciosa xira mundial, o Cuarto Azul World Tour, o pasado sábado en Roquetas de Mar, ante máis de 18.000 espectadores. Este espectáculo visual, inspirado nunha habitación azul que reflicte o seu universo máis íntimo, repasa os éxitos do seu novo álbum e os temas máis emblemáticos da súa carreira. Tras pasar por cidades como Sevilla, Valencia ou Zaragoza, a cantante chegará á Coruña o 22 de xullo, nunha xira que xa esgotou entradas en numerosas datas.
O verán coruñés tamén terá un compoñente nostálxico co agardado regreso de Amaia Montero como vocalista de La Oreja de Van Gogh. A banda iniciou a súa xira Tantas cosas que contar en Barakaldo, ante 15.000 persoas, para celebrar o seu 30 aniversario. O grupo actuará na Coruña os días 11 e 12 de setembro.
“"Atravesei o mismísimo inferno antes de volver aos escenarios."
O reencontro co público e cos seus compañeiros históricos desatou a euforia de miles de seguidores que corearon clásicos como Rosas, La playa ou 20 de enero. A xira de La Oreja de Van Gogh, que xa vendeu máis de 400.000 entradas, perfílase como unha das citas musicais máis destacadas do ano en Galicia.




