A Central de Coordinación do 061, responsable dos servizos prehospitalarios de urxencia en Galicia, recibiu nestes días 67 chamadas por accidentes de tráfico. Estas alertas derivaron en 57 asistencias sanitarias, nas que o persoal do 061 atendeu un total de 80 persoas.
A distribución por xénero dos atendidos foi do 63% de homes e do 37% de mulleres. En canto ás idades, o 29% dos feridos tiña entre 25 e 39 anos.
Por provincias, A Coruña rexistrou o maior número de sinistros con 22 accidentes durante este período, seguida por Pontevedra con 20, Lugo con 9 e Ourense con 6.
Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 foron 73. Destes, as ambulancias de soporte vital avanzado asistiron en nove accidentes, as de soporte vital básico en 55 sinistros, e os equipos de Atención Primaria complementaron a asistencia en nove ocasións.
Do total de incidentes, en 70 casos os feridos foron trasladados a centros sanitarios, en nove ocasións a atención realizouse no lugar do incidente, e lamentablemente, unha persoa faleceu no punto.




